Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 26

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Monseivane-Vilalba II do parque eólico Monseivane á subestación de Vilalba II, no termo municipal de Vilalba. (Expediente 14/1998 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Desarrollos Eólicos, S.A. con enderezo para efectos de notificación en Avda. de Buhaira 2º, Sevilla 41018 resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O día 26 de xaneiro de 1999, a empresa Desarrollos Eólicos, S.A. solicita a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Moseivane-Vilalba II.

Xúntase á dita solicitude o preceptivo anteproxecto a que fan referencia os artigos 8 e 10 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente segundo o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 28 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Tensión nominal: 132 kV.

Nº de circuítos: 1.

Lonxitude: 13,219 km.

Potencia nominal: 74 MVA.

Potencia de deseño: 80MVA.

Conductores: tipo aluminio-aceiro LA-280 de sección 281,1 mm e 10.870 kg de carga de rotura.

Segundo.-O 25 de marzo de 1999 a empresa peticionaria Desarrollos Eólicos S.A. presentou escrito de desestimento da declaración de utilidade pública e ínstase a continua-lo procedemento para a autorización administrativa da devandita instalación eléctrica.

Terceiro.-O citado proxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 9-4-1999, publicándose no DOG do 19 de abril e no BOP de Lugo do 19 de abril.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable pola Delegación Provincial de Lugo.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industia é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982,

do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeneral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Monseivane-Vilalba II do parque eólico Monseivane á subestación de Vilalba II, no termo municipal de Vilalba ( Lugo).

-Aproba-lo proxecto de execución da citada liña.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día siguiente ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1999.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria e Comercio