Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 24

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas diversas adxudicacións de contratos de obras: liña de subministración de enerxía eléctrica en media tensión á estación transformadora do IES Isidro Parga Pondal de Carballo e outras.

Faise pública a adxudicación dos seguintes contratos de obras:

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, esta delegación acorda darlle publicidade á adxudicación dos contratos de obras que se citan:

1. Forma de adxudicación: os contratos que se citan a seguir foron adxudicados por poxa aberta, ó abeiro do disposto nos artigos 74 e 75 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

1.1. Obxecto do contrato: liña de subministración de enerxía eléctrica en media tensión á estación transformadora do IES Isidro Parga Pondal de Carballo.

Contratista: Montajes Eléctricos Mosteiro y Miñones, S.L.

Importe de adxudicación: 4.967.704.

Data de adxudicación: 14 de outubro de 1999.

1.2. Obxecto do contrato: ampliación de 6 unidades o CEIP de Bentín-Ames.

Contratista: Construcciones Cando, S.L.

Importe de adxudicación: 50.518.695.

Data de adxudicación: 27 de outubro de 1999.

1.3. Obxecto do contrato: ampliación e remodelación do IES de Monelos, A Coruña.

Contratista: Feyju Galicia, S.L.

Importe de adxudicación: 54.125.000.

Data de adxudicación: 27 de outubro de 1999.

1.4. Obxecto do contrato: reparacións para adaptación do IES Agra do Orzán, A Coruña.

Contratista: Construcciones Alea, S.L.

Importe de adxudicación: 51.102.687.

Data de adxudicación: 3 de novembro de 1999.

A Coruña, 23 de novembro de 1999.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña