Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 20

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación de postos de traballo provistos polo sistema de libre designación.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no concurso de méritos convocado por Resolución do 27 de setembro de 1999 (DOG do 20 de outubro) para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de secretario/a do vicerrector de Infraestructuras e Servicios

vacante no cadro de persoal funcionario de Administración e Servicios.

Este rectorado, en uso das atribucións que lle confire o artigo 65 dos estatutos desta universidade, aprobados por Decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17), modificados polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), resolve adxudica-lo referido posto a María Elena Figueiras Casariego, funcionaria da escala auxiliar do grupo D da Universidade da Coruña, con número de rexistro persoal 3608646857 A7497.

A interesada deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme ó disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 9 de decembro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña