Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 19

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 22 de decembro de 1999 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde.

Convocada pola Orde do 10 de novembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 229, do 26 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co establecido no Decreto 148/1991, do 2 de maio e no Decreto 143/1992, do 5 de xuño, no exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 10 de novembro 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 229, do 26 de novembro).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O aspirante que resulte seleccionado deberá tomar posesión nos prazos sinalados no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

No suposto de que obteña destino un aspirante pertencente a outras administracións públicas, o seu cesamento deberá levarse a cabo de acordo coa lexislación da súa Administración de procedencia e quedará na situación que proceda, de acordo coas súas normas específicas.

A aquel funcionario de carreira da Administración do Estado que resulte seleccionado, seralle de aplicación o disposto no parágrafo do artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de febreiro (BOE nº 14, do 16 de febreiro), para o que se require, en consecuencia, o informe favorable do departamento en que presta os seus servicios. De non emitirse o dito informe no prazo de quince días, este considerarase favorable.

Así mesmo, no suposto de resultar seleccionada algunha persoa que teña a condición de persoal estatutario do sistema nacional de saúde en propiedade, será declarada polo organismo competente ou ben na situación de excedencia especial en activo, prevista no artigo 13 do Estatuto xurídico do persoal médico da Seguridade Social, ou ben na situación de excedencia especial prevista no artigo 34 do Estatuto de persoal non-sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa

publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Posto: director de Xestión e Servicios Xerais da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol.

Nome e apelidos: Ignacio García García.

DNI: 9.350.790.