Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 16

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Ceferino Nogueira, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Ceferino Nogueira, S.A., con nº de código 3600232, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-11-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o día 29-10-1999, de conformidade co disposto no artigo 4 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 25 de novembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Grupos e categorías profesionais

con táboa salarial 1999

Grupos e categoríasSalario mensual

I. Grupo profesional de titulados
Titulado superior178.907
Titulado medio grupo A160.010
Titulado medio grupo B149.215

II. Grupo profesional de administrativos
Xefe de sección178.907
Xefe de negociado160.010
Oficial administrativo141.254
Auxiliar administrativo107.897

Grupos e categoríasSalario mensual

III. Grupo profesional de servicios operativos
Capataz xeral179.154
Capataz de operacións155.321
Xefe de mantemento149.215
Xefe de taller132.507
Encargado xeral121.528
Oficial de operacións111.002

IV. Grupo profesional de servicios varios
Almaceneiro116.862
Controlador116.862
Oficial de 1ª116.862
Carretilleiro/conductor de pa111.002
Gruísta111.002
Conductor de camión111.002
Oficial de 2ª111.002
Peón107.175
Persoal de limpeza94.251

V. Grupo profesional de subalternos
Conserxe94.251
Cobrador94.251
Ordenanza94.251
Porteiro94.251
Vixilante94.251
Recepcionista94.251