Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Galigrain, S.A., con nº de código 3602712, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-11-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o día 29-10-1999, de conformidade co disposto no artigo 4 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 25 de novembro de 1999.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Grupos e categorías profesionais
con táboa salarial 1999
Grupos e categorías Salario mensual
I. Grupo profesional de titulados Titulado superior 178.907 Titulado medio grupo A 160.010 Titulado medio grupo B 149.215
II. Grupo profesional de administrativos Xefe de sección 178.907 Xefe de negociado 160.010 Oficial administrativo 141.254 Auxiliar administrativo 107.897
III. Grupo profesional de servicios operativos Capataz xeral 179.154 Capataz de operacións 155.321 Xefe de mantemento 149.215 Xefe de taller 132.507 Encargado xeral 121.528 Oficial de operacións 111.002
IV. Grupo profesional de servicios varios Almaceneiro 116.862 Controlador 116.862 Oficial de 1ª 116.862 Carretilleiro/conductor de pa 111.002 Gruísta 111.002 Conductor de camión 111.002 Oficial de 2ª 111.002 Peón 107.175 Persoal de limpeza 94.251
V. Grupo profesional de subalternos Conserxe 94.251 Cobrador 94.251 Ordenanza 94.251 Porteiro 94.251 Vixilante 94.251 Recepcionista 94.251