Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 11

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 17 de decembro de 1999 pola que se nomea o presidente do Consello Regulador Mexillón de Galicia.

Realizadas as eleccións ó Consello Regulador Mexillón de Galicia o día 9 de outubro de 1999, e trala proposta unánime do propio Consello Regulador constituído na xuntanza celebrada para estes efectos o día 3 de novembro de 1999, debe procederse á designación do presidente do citado consello. En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Desígnase como presidente do Consello Regulador Mexillón de Galicia a José Filgueira Galbán.

Disposición derradeira.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura