Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 7

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 23 de decembro de 1999 pola que se aproba o Plan de Inspección Sanitaria para o ano 2000.

* A Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 4 regula as competencias que lle corresponden á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e, entre elas, na letra m) atribúelle á inspección sanitaria do Sergas, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

* O Decreto 126/1992, do 14 de maio, sobre ordenación das funcións de inspección da Comunidade Autónoma de Galicia, referenda as ditas atribucións e establece:

-A necesidade de avalia-la actuación dos centros, servicios e establecementos sanitarios tanto desde o punto de vista da calidade da asistencia prestada como do gasto realizado e do grao de cumprimento dos obxectivos que se lles marquen ós centros.

-O exercicio da tutela, control e avaliación eficiente sobre tódolos centros, servicios e establecementos e prestacións sanitarias de titularidade pública ou privada da Comunidade Autónoma de Galicia.

-A inspección e control de todos aqueles aspectos de atención sanitaria recollidos como dereitos dos usuarios na Lei xeral de Sanidade.

* O Decreto 48/1998, do 5 de febreiro, recolle que á Inspección Sanitaria lle corresponde o exercicio das actuacións de inspección no relativo ós centros, servicios e establecementos sanitarios civís, públicos e privados, que desempeñen a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma, así como, neste contexto, a avaliación das súas actividades con especial atención ás prestacións do sistema sanitario público.

* Tendo en conta o exposto, e considerando que para levar a cabo as actividades de inspección é imprescindible dispoñer dos recursos humanos suficientes e con formación adecuada e debidamente actualizada, continuaranse utilizando de maneira integral e coordinadamente tódolos efectivos dos que poida dispoñe-la Consellería de Sanidade e Servicios Sociais co fin de cumprir adecuadamente os obxectivos fixados.

* Seguindo as liñas de actuación xa reflectidas no Plan de Inspección Sanitaria do pasado ano, e tendo ademais en conta as conclusións recollidas no recente celebrado foro de debate sobre as funcións da inspección sanitaria nesta Comunidade Autónoma de Galicia, elaborouse o Plan de Inspección Sanitaria para o ano 2000 acorde cos cambios producidos e as novas tendencias xurdidas no ámbito da actividade sanitaria, orientándose, así mesmo, cara a un papel incentivador e de colaboración ó mesmo tempo respecto ós cometidos de xestión que lle competen ó Servicio de Saúde.

* As actividades da inspección sanitaria de forma global deben considerarse como garantes da eficacia-eficiencia do sistema sanitario do que se trate.

* Na actualidade continúa tendo unha importancia e relevancia transcendentais a loita contra a fraude, centrada especialmente no control da incapacidade temporal e a prestación farmacéutica, evitando dese modo as posibles desviacións que poidan producirse nas ditas prestacións básicas.

* Por outra banda, de conformidade co establecido no artigo 10 do Decreto 48/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e co obxecto de conformar un marco xeral aplicable a tódalas funcións de inspección atribuídas á dita consellería, resulta conveniente seguir incluíndo, tal e como xa se fixo o pasado ano, nesta orde, un epígrafe específico dedicado á inspección no ámbito da saúde pública.

Por todo iso, conforme o establecido no artigo 5 do Decreto 126/1992, do 14 de maio, sobre ordenación das funcións de inspección de servicios sani

tarios e no artigo 10 do Decreto 48/1998, do 5 de febreiro, por proposta do secretario xeral

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbase o Plan de Inspección Sanitaria para o ano 2000, que figura como anexo a esta orde.

Os servicios de Inspección Sanitaria das direccións provinciais remitirán antes do 31 de xaneiro do ano 2001 á Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais a memoria anual das actividades dos seus respectivos ámbitos competenciais.

Así mesmo, a memoria anual de actividades da Inspección Sanitaria correspondente ó ano 2000 confeccionarase de acordo cos resultados obtidos respecto das actuacións incluídas no plan que se aproba.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1999.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

I. Ámbito da incapacidade temporal (IT) e da saúde laboral.

-Fase final de implantación e avaliación nas áreas de Inspección Sanitaria da Comunidade Autónoma, do novo programa informático de xestión e seguimento da incapacidade temporal.

-Programa da colaboración e seguimento das funcións dos coordinadores de IT, coas xerencias de Atención Primaria.

-Realización de cursos de formación dirixidos a médicos de Atención Primaria para a actualización na xestión, seguimento e control da incapacidade temporal (2ª fase - 7 edicións - 210 facultativos).

-Aplicación e seguimento do convenio de control sanitario de IT, subscrito pola Comunidade Autónoma co INSS, no marco do financiamento dos servicios sanitarios.

-Subprogramas de reducción de taxa global de absentismo por IT, do persoal de centros propios do Sergas, do persoal da Xunta de Galicia e da poboación activa con dereito a IT en xeral.

-Establecemento de mecanismos de rexistro, control e avaliación das emisións de documentos xustificativos de absentismo por enfermidade sen parte oficial de baixa, nos centros propios do Sergas.

-Desenvolvemento de actividades dirixidas á optimización da prescrición, no relativo á formalización da documentación clínico-laboral e indicadores, mediante entrevistas e remisión de información ós facultativos de Atención Primaria.

-Respondera uns prazos legais establecidos ó 100% das propostas de alta emitidas polas entidades xestoras e ó 100% das intencións de alta regulados no R.D. 1117/1998.

-Selección e revisión de tódolos procesos de IT ó alcanza-la duración estándar, e revisión e informe

de tódolos procesos nos prazos regulamentariamente establecidos.

-Realización de inspeccións da actividade sanitaria e dos centros e servicios asistenciais dedicados á saúde laboral.

-Inspección e avaliación, en materia de prevención de riscos laborais, na especialidade de Medicina do Traballo:

-Servicios de prevención alleos.

a) Verificación do mantemento das condicións da autorización sanitaria.

b) Avaliación da actividade sanitaria desenvolvida.

-Servicios de prevención propios.

a) Verificación do mantemento das condicións de autorización sanitaria.

b) Avaliación da actividade sanitaria desenvolvida.

c) Avaliación do cumprimento dos criterios da auditoría realizada para a súa aprobación.

-Publicación dun compendio actualizado da normativa estatal e da Comunidade Autónoma de Galicia sobre prevención de riscos laborais.

II. Ámbito da prestación farmacéutica.

-Inspección e control do cumprimento nos centros de atención especializada do Sergas de que o 100% dos tratamentos con medicamentos para pacientes ambulatorios se prescribe en receita oficial e da correcta formalización das receitas oficiais nos centros de Atención Primaria.

-Inspección ás oficinas de farmacia para a valoración de diversas atuacións relacionadas coa actividade destes establecementos.

-Implantación e seguimento da Orde do 22 de outubro de 1999 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se regula a subministración e o uso de talonarios de receitas oficiais do Sergas.

-Verificación por mostraxe do cumprimento da normativa relativa á dispensación e substitución de especialidades farmacéuticas xenéricas (EFG).

-Inspección e control das condicións en que se estea a realiza-la dispensación de especialidades farmacéuticas con principios activos susceptibles de reacción positiva en test antidopaxe.

III. Ámbito de concertos.

-Avaliación do grao de calidade asistencial nos centros concertados a partir da análise das historias clínicas e do estudio e da formalización do consentimento informado na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Avaliación dos servicios que están xerando un maior número de reclamacións por asistencia sanitaria en centros concertados na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Avaliación das historias clínicas de beneficiarios do Sergas atendidos nas fundacións públicas Hospital A Barbanza e Virxe da Xunqueira, sobre o grao de adecuación entre a indicación, prestación e facturación dos servicios prestados ós ditos pacientes.

-Análise e seguimento da demora na aplicación de tratamentos e procesos asistenciais procedentes de listas de espera e derivados a centros concertados desde os hospitais do Sergas.

-Seguimento e control da calidade dos servicios prestados en tódolos centros hospitalarios concertados da Comunidade Autónoma e en tódolos centros concertados de diálise, fisioterapia, rehabilitación e logopedia.

-Control e seguimento dos concertos na área de Pontevedra para:

-A realización de procesos asistenciais de traumatoloxía urxentes derivados do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

-A realización de procesos de cirurxía potencialmente ambulatoria derivados do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

-A prestación de asistencia sanitaria a pacientes procedentes das listas de espera do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

-Control e seguimento dos concertos na área de saúde de Vigo para:

-A realización de procesos asistenciais de traumatoloxía urxentes derivados do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes e Hospital do Meixoeiro de Vigo.

-A realización de procesos de cirurxía potencialmente ambulatoria derivados do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes e Hospital do Meixoeiro de Vigo.

-A prestación de asistencia sanitaria a pacientes procedentes das listas de espera do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes e Hospital do Meixoeiro de Vigo.

-Avaliación CMBD en tódolos centros concertados da provincia de Pontevedra.

-Control e seguimento da concertación da prestación de servicios socio-sanitarios nas áreas de Pontevedra e Vigo.

-Avaliación do programa de mellora do proceso asistencial establecido no concerto Sergas-Policlínico Vigo, S.A.

-Avaliación do programa de cirurxía maior ambulatoria no Centro Hospitalario concertado Policlínico Vigo, S.A.

-Avaliación do programa de mellora do proceso asistencial establecido no concerto Sergas-Medtec.

IV. Ámbito das prestacións sanitarias non- farmacéuticas, incluíndo a tutela dos dereitos dos usuarios e a mellora da calidade asistencial.

-Continuación da actualización e revisión da circular 1/1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre procedemento disciplinario ó persoal facultativo do Servicio Galego de Saúde.

-Avaliación do transporte sanitario individual e colectivo co obxecto de coñece-la orixe asistencial da demanda así como a calidade da dita prestación na Comunidade Autónoma.

-Estudio e avaliación da dimensión sanitaria e económica e da evolución interanual e segundo procedementos establecidos da prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma.- Avaliación da indicación e calidade da dita prestación.- Subprograma de análise e avaliación da prestación ortoprotésica no Complexo Hospitalario Juan Canalejo da Coruña.

-Reduci-lo tempo medio de tramitación de reintegro de gastos de ortopedia nun 20% na Comunidade Autónoma.

-Consolidación e explotación do aplicativo de reintegro de gastos de material ortoprotésico na Comunidade Autónoma.

-Estudio e detección dos motivos que xeran as solicitudes de reintegro de gastos por utilización da medicina privada por parte dos usuarios do Sergas.

-Control do grao de cumprimento por parte dos pacientes dos tratamentos domiciliarios con terapias respiratorias na Comunidade Autónoma.

-Avaliación da indicación e calidade da prestación de osixenoterapia domiciliaria na Comunidade Autónoma.

-Elaboración dun protocolo de procedemento de tramitación de reclamacións asistenciais.

-Avaliación do programa de xestión de reclamacións asistenciais na Comunidade Autónoma.

-Estudio das úlceras por decúbito en pacientes crónicos hospitalizados en centros concertados da Comunidade Autónoma.

-Enquisas de satisfacción de usuarios do Sergas atendidos en centros, servicios e establecementos concertados.

-Avaliación e análise da situación das listas de espera nas fundacións públicas hospitalarias da Comunidade Autónoma nas especialidades de oftalmoloxía e xinecoloxía.

V. Ámbito da avaliación sanitaria e da autorización e acreditación de centros sanitarios.

-Continuación da realización de inspeccións dos centros sanitarios públicos e privados de reproducción humana asistida.

-Continuación do programa específico de avaliación anual, inspección e seguimento dos centros sanitarios públicos de reproducción humana asistida autorizados en 1998 e 1999.

-Avaliación da carteira de servicios de tódolos centros do Sergas, tanto de atención primaria como de atención especializada, trala aprobación por parte do Sergas para as xerencias das ditas carteiras de servicios.

-Avaliación e auditorías de funcionamento e actividade das unidades de Atención ó Usuario de tódolos centros do Sergas, tanto de Atención Primaria como de Atención Especializada.- Avaliación do grao de cumprimento dos obxectivos das ditas unidades marcados no Piaf.

-Avaliación do grao de implantación dos protocolos de consentimento informado aprobados en tódolos centros hospitalarios do Sergas.

-Regulación normativa e requisitos esixibles para a autorización sanitaria dos laboratorios clínicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Continuación da actualización e revisión da normativa reguladora actualmente vixente na Comunidade Autónoma sobre autorización de centros, servicios e establecementos sanitarios.

-Continuación do subprograma de revisión do rexistro de centros sanitarios da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Publicación dun catálogo de centros, servicios e establecementos sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Continuación da elaboración da regulación normativa, posta en marcha e implantación dun programa de acreditación sanitaria de centros hospitalarios, tanto públicos e concertados como privados, na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Programa de inspeccións de seguimento e control a diversos centros, servicios e establecementos sanitarios da Comunidade Autónoma.

-Subprograma especial de promoción de legalización administrativa de centros sanitarios da Comunidade Autónoma.

-Estudio e análise inicial polo que respecta ós equipos utilizados en salas de beleza e de bronceado da Comunidade Autónoma.

-Continuación do programa anual de inspección a establecementos balnearios. (Actuación conxunta para levar a cabo mediante un programa de colaboración entre a Inspección de Servicios Sanitarios e a Inspección de Saúde Pública).

-Actuacións incluídas no marco de programas especiais de colaboración entre a Inspección de Servicios Sanitarios e a Dirección Xeral de Saúde Pública:

-Programa especial de análise, avaliación e estudio das Mipse producidas en centros hospitalarios propios e concertados co Sergas.

-Programa especial de auditorías do Plan de Minimización de Riscos Microbiolóxicos nos hospitais do Sergas.

VI. Ámbito de saúde pública.

-Plan de protección da saúde fronte a riscos xerais:

-Inspección do 100% das industrias alimentarias suxeitas á obriga de inscrición no Rexistro Sanitario de Alimentos.

-Control documental diario en salas de despezamento de carnes.

-Control documental semanal de almacéns frigoríficos de carne.

-Control documental bimestral en centros de depuración e/ou expedición e cocedoiros de moluscos bivalvos.

-Control documental bimestral en cocedoiros de mariscos (crustáceos e angulas).

-Control documental trimestral en industrias cárnicas; lácteas; ovos e ovoproductos; augas de bebida envasada.

-Toma de mostras e análises de productos en mercado.

-Toma de mostras e análises en depuradoras e cocedoiros, tanto bivalvos coma de crustáceos e angulas.

-Tramitación do 100% das redes de alerta comunicadas a través do Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (SCIRI).

-Cumprimento do 100% das mostraxes e análises do Plan Nacional de Investigación de Residuos.

-Inspección anual de seguimento de cemiterios, tanatorios, velatorios, crematorios e empresas funerarias.

-Plan de protección da saúde frontes a riscos específicos.

-Inspección do 100% dos cámpings e campamentos xuvenís.

-Unha inspección anual do 50% dos establecementos de restauración colectiva de alto risco e o 25% dos establecementos de baixo risco.

-Inspección trimestral do 100% dos establecementos de restauración colectiva de alto risco especiais.

-Inspección do 100% das piscinas de uso colectivo.

-Inspección e toma de mostras da auga no 100% das zonas de baño marítimas e fluviais declaradas.

-Inspección do 100% dos centros escolares e garderías infantís.