Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 6

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de decembro de 1999, polo que se declara festa de Galicia de interese turístico a Feira do Viño de Amandi de Sober.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 3 de decembro de 1999 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar festa de Galicia de interese turístico da provincia de Lugo segundo o Decreto 203/1998, polo que se regulan as declaracións de festas de Galicia de interese turístico a Feira do Viño de Amandi de Sober.

En cumprimento do disposto no artigo 7 do devandito decreto ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo