Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 6

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de decembro de 1999, polo que se declaran municipios turísticos galegos os concellos de Chantada, Mondoñedo e Monforte de Lemos.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 3 de decembro de 1999, adoptou por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo o seguinte acordo:

Declarar municipios turísticos galegos os concellos de Chantada, Mondoñedo e Monforte de Lemos, pertencentes á provincia de Lugo, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 239/1998, do 30 de xullo, polo que se regula a declaración de municipio turístico galego.

En cumprimento do disposto no citado artigo ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ós concellos correspondentes.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo