Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 6

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 19 de novembro de 1999 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: 99 Preguntas Arredor do Alzheimer.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1.-Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2.-Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1999.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

99 Preguntas Arrededor do Alzheimer: 350 pesetas, (2.10 euros).