Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 31 de decembro de 1999 Páx. 15.416

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de novembro de 1999 pola que se extingue a autorización, por cesamento de actividades, do centro privado de formación profesional de segundo grao Azorín da Coruña.

Visto o expediente sobre extinción de autorización, por cesamento de actividades, do centro privado de formación profesional de 2º grao Azorín, sito na Avenida de Fisterra, 280, da Coruña, iniciado ó abeiro do artigo 17.1º do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e do punto oitavo.1º da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) pola que se desenvolve o antedito decreto.

A consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do establecido no artigo 16 do Decreto 133/1995 e por proposta da Dirección Xeral de Centros, e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Extingui-la autorización, por cesamento de actividades, do centro privado de formación profesional de 2º grao Azorín da Coruña, do que os demais datos se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de

xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Código do centro: 15003972.

Enderezo: Avenida de Fisterra, 280.

Denominación: Azorín.

Titular: Raquel Pichel Guerrero.

Autorización do cesamento de actividades do centro.