Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 4 de xuño de 1999, aprobou definitivamente o estudio de detalle do polígono 1 do Plan parcial do SUP-5 da Choupana, que modifica o aprobado definitivamente o 25 de febreiro de 1998, promovido por Vivenda Local Galega, S.C.L.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 287, do día 16 de decembro de 1999, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Pleno do Concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que se resolve expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñer-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde