Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno, en sesión do 8 de novembro de 1999, prestou aprobación definitiva ó Plan especial de infraestructuras para o desenvolvemento do sistema xeral: aparcamento, previsto no PXOU entre as rúas Ramón González, Avda. de Galicia, San Lázaro e rúa de nova apertura.

A normativa do dito plan especial foi publicada integramente no BOP de Lugo número 275, do 30-11-1999.

Ribadeo, 1 de decembro de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde