Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da subministración de mobiliario, material informático e outras dotacións para a escola pública de educación infantil de Teis.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación, Patrimonio e Contratación, nº expediente 3970/332.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de mobiliario, material informático e outras dotacións para a escola pública de educación infantil de Teis.

Unidades que se entregarán: véxanse condicións técnicas.

Lotes: si, tres lotes.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 2.200.000 ptas., lote 2: 878.000 ptas., lote 3: 215.000 ptas.

5. Garantías: provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48; fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 16 de decembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde