Expediente 8/00.
1. Obxecto: subministración sucesiva de dializadores para o Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.
2. Orzamento: 35.747.910 ptas., IVE incluído (214.849,27 euros).
3. Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato e ata o 31 de decembro do ano 2000.
4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante por artigo.
5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se licite.
6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente e anticipada de gasto.
7. Clasificación: non se esixe.
8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da
Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).
9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).
10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións.
11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas ou ó teléfono 986 81 60 23, 986 81 60 28 e fax 986 81 60 65.
12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, referencias técnicas e proposición económica descritas no prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
15. Anuncios: o importe do anuncio deste concurso público será por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 18 de novembro de 1999.
José Manuel González Álvarez
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo