Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 29 de decembro de 1999 Páx. 15.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto, concurso público e tramitación urxente, para a subministración sucesiva de material filtrante para as instalacións de aire deste complexo hospitalario para o ano 2000.

Expediente 17/00.

1. Obxecto: subministración sucesiva de material filtrante para as instalacións de aire do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.

2. Orzamento: 2.657.074 ptas., IVE incluído (1.596,34 euros).

3. Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato e ata o 31 de decembro do ano 2000.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante por artigo.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas ou o teléfono 986 81 60 23, 986 81 60 28 e fax 986 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, referencias técnicas e proposición económica descritas no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio deste concurso público será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 10 de decembro de 1999.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo