Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 29 de decembro de 1999 Páx. 15.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións do parque eólico de Paxareiras II-D (Ameixenda) nos concellos de Cee e Dumbría. (Expediente IN 5/1996).

A Consellería de Industria e Comercio aprobou, na súa resolución con data do 19 de xaneiro de 1996, o Plan Eólico Estratéxico denominado PEE Seawest, cedido posteriormente a Eurovento, S.L. (unipersoal) con data do 9 de maio de 1996.

Dentro do mencionado PEE figura unha zona denominada Paxareiras II, na que se encontra adscrito o proxecto de referencia.

Con data do 10 de xullo de 1997, o Consello da Xunta de Galicia aprobou definitivamente o Plan Eólico de Galicia como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, dentro do cal se encontra o referenciado PEE Seawest (DOG número 241, do 15 de decembro de 1997).

Con data do 16 de xullo de 1997, Eurovento, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do mencionado parque eólico, do que están concluídos tódolos trámites, e está pendente, unicamente da correspondente resolución pola Dirección Xeral de Industria.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da dita lei, a teor do cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto,

RESOLVO:

Someter a información pública o proxecto sectorial do parque eólico de Paxareiras II-D (Ameixenda), comprendido na área denominada Paxareiras II do mencionado PEE Seawest, de acordo co artigo 25.3º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán examina-lo dito proxecto sectorial nesta delegación provincial ou nos concellos de Cee e Dumbría e presentar perante esta delegación provincial ou nos concellos mencionados as alegacións que consideren pertinentes.

A Coruña, 16 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña