Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 29 de decembro de 1999 Páx. 15.257

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (51/1999).

Nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 51/1999, hoxe executoria 181/1999, dictouse a seguinte providencia do maxistrado-xuíz José Gómez Rey:

«En Santiago de Compostela o dous de decembro de mil novecentos noventa e nove.

Transcorrido con exceso o termo de cinco días concedido ás partes sen se interpor ningún recurso contra a sentencia de instancia, declárase firme e, sendo esta condenatoria, procédase á súa execución e, para este fin incóese a correspondente executoria, que se rexistrará coas da súa clase.

Requírase a través do DOG o condenado Santiago Torres Cidranes, do que se desprende en autos non

ter domicilio fixo, co fin de, que no improrrogable termo de oito días, acredite perante este xulgado ter ingresado na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV a cantidade de seis mil pesetas que, en concepto de multa, foi condenado a satisfacer nos autos de xuízo de faltas 51/1999, do que dimana esta executoria, cantidade resultante dos 30 días impostos por tal concepto, coa cota diaria de 200 pesetas e isto co apercibimento de cumprir un día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias ou fracción deixadas de aboar, procedéndose, entre tanto, ó arquivo provisional destes autos.

Mándao e asínao SSª, dou fe».

E para que conste e sirva de requirimento en forma ó condenado Santiago Torres Cidranes, actualmente sen domicilio fixo, e para a súa publicación a través do DOG, expido esta cédula en Santiago de Compostela o dous de decembro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado