Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 29 de decembro de 1999 Páx. 15.257

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (39/1999).

En cumprimento do acordado por resolución do día da data pola xuíza de primeira instancia e instrucción de Muros (A Coruña), faise saber que neste xulgado e co número 39/1999, se segue expediente de xurisdicción voluntaria por instancias de Josefa Sendón Gallardo, sobre declaración de falecemento do seu pai, Manuel Sendón Fernández, veciño de Muros, con domicilio no lugar de Tal.

O presunto falecido estaba casado en únicas nupcias con Modesta Gallardo Rama, falecida no día 25 de marzo de 1996, no lugar e parroquia de Santiago de Tal, era de profesión mariñeiro e no mes de decembro de 1963 estaba traballando nun buque propiedade da empresa nacional Elcano, da mariña mercante, denominado Castillo Montjuich, realizando a travesía Boston-A Coruña. Non se teñen noticias súas nin de ningún dos seus tripulantes desde o día 14 de decembro de 1963.

E para que así conste e para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e a súa publicación no BOE e no DOG, faise público por medio de edictos que se publicarán por dúas veces e cun intervalo de quince días para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oído no mencionado expediente, expido, selo e asino este edicto en Muros o 22 de outubro de 1999.

O secretario

Rubricado