Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 29 de decembro de 1999 Páx. 15.256

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo adoptado pola Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia na súa xuntanza do 14 de decembro de 1999 sobre a incorporación de categorías profesionais ó anexo II do convenio.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, Real decreto 1040/1981, artigo 2 e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o 14 de decembro de 1999 certificación da secretaria da Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia, na que se fai consta-lo acordo acadado na xuntanza do 14 de decembro de 1999 sobre a incorporación de categorías profesionais ó anexo II do convenio esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

A Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia na súa xuntanza do 14 de decembro de 1999 acordou incorporar, como consecuencia e ratificación do acordado con data do 23 de xuño de 1999 entre as consellerías de Medio Ambiente e as organizacións sindicais CC.OO e UGT sobre consolidación do emprego e posteriormente negociado por representantes da Administración co Comité Intercentros, ó anexo II do Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia as categorías seguintes:

Grupo I categoría 37. Titulado superior ambiental.

Grupo I categoría 38. Técnico superior de defensa contra incendios forestais.

Grupo II categoría 41. Técnico ambiental.

Grupo IV categoría 37. Oficial 2ª mecánico de máquinas de defensa contra incendios forestais.

Grupo V categoría 10 F. Peón forestal.

Grupo V categoría 14 A. Peón conductor de defensa contra incendios forestais.