Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 28 de decembro de 1999 Páx. 15.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de novembro de 1999 pola que se lle notifica a Melchora Abuín Bouza e herdeiros a resolución acordada no expediente de desafiuzamento 11/1999 da provincia da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación no domicilio da interesada, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Melchora Abuín Bouza (e herdeiros) beneficiaria da vivenda de protección oficial, sita na rúa Armada Española, nº 24-4º Esq. do polígono de Caranza en Ferrol (A Coruña), identificada como expediente C2CD68 conta 1722, a resolución do director xeral do IGVS, do 27 de outubro de 1999, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido da vivenda que lle foi adxudicada, recaída no procedemento

de desafiuzamento administrativo tramitado por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente da arrendataria.

Contra a citada resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta notificación, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da devandita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo non ocupación 11/1999

Resolución.

Vistas as actuacións practicadas no expediente de desafiuzamento 11/1999, con base nos seguintes,

Feitos.

1. Con data do 25 de febreiro de 1999, como consecuencia da solicitude de regularización presentada ó abeiro do Decreto 133/1994, do 13 de maio, por Beatriz Abuín Rodríguez, dictouse acordo de iniciación de expediente de desafiuzamento contra Melchora Abuín Bouza por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de protección oficial da que é titular, identificada como expediente C2CD68, conta 1722.

2. Por resultar descoñecido o domicilio da agora expedientada, con data do 5 de abril de 1999 foi publicado o dito acordo no DOG e no taboleiro de edictos do correspondente concello, conforme o establecido polo artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non foron presentadas alegacións.

3. Con data do 9 de xullo de 1999 a instructora do expediente emitiu proposta de resolución de desafiuzamento que foi publicada no DOG do 25 de agosto de 1999 e no taboleiro de edictos do concello, unha vez intentada a notificación conforme o artigo 59 da Lei 30/1992. Non foron presentadas alegacións.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en virtude das facultades previstas na Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do instituto, e no Decreto 70/1997, de estructura orgánica do organismo antedito, modificado por Decreto 258/1999.

2. Os feitos probados constitúen causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, texto refundido da lexislación de VPO, e no artigo 138.6º do regulamento, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

2. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, e 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido da vivenda identificada como expediente C2CD68, conta número 1722, da que é titular Melchora Abuín Bouza, por non destinala a domicilio habitual e permanente.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada conforme os artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da súa notificación.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados con expresión dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. En Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1999. Asdo. José Antonio Redondo López, director xeral do IGVS».

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo