Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 28 de decembro de 1999 Páx. 15.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1999 pola que se someten a información pública os proxectos presentados en competencia polas empresas Inmobiliaria Meridional, S.A. e Ronáutica, S.A., solicitando unha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario do porto de Baiona, para a construcción e explotación de instalacións náutico deportivas.

Atopándose en fase de información pública o expediente de solicitude de outorgamento de concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario no porto de Baiona, para a construcción e explotación de instalacións náutico-recreativas presentada por Inmobiliaria Meridional, S.A., a empresa Ronáutica, S.A. presentou unha solicitude alternativa, polo que procede a tramitación en competencia de ámbalas dúas solicitudes.

O que se somete a información pública, en cumprimento do disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas, nas oficinas centrais deste ente público, situadas na praza de Europa, 5 A- 6º polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, para o que disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo examina-los proxectos correspondentes neste mesmo prazo nas oficinas indicadas.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1999.

Manuel García Blanco

Xefe do Área de Planificación e Explotación