Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 28 de decembro de 1999 Páx. 15.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1999 pola que se anuncia concurso público aberto urxente para a contratación dunha asistencia técnica para o estudio e publicación dunha análise sobre os servicios avanzados de información en Galicia.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para o estudio e publicación dunha análise sobre os servicios avanzados de información en Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 11 01, fax: 981 54 11 20.

b) Número de expediente: C.P. nº 32/99.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para o estudio e publicación dunha análise sobre os servicios avanzados de información en Galicia.

Prazo de execución: segundo a oferta técnica, cos máximos establecidos para cada unha das actividades incluídas no obxecto de contratación no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 2.730.000 ptas. (dous millóns setecentas trinta mil pesetas), IVE incluído.

5. Garantía provisional: 54.600 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña .

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura

da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 10 horas do décimo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica, en Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica