Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 28 de decembro de 1999 Páx. 15.157

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (111/1999).

En virtude do acordado por Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e

Instrucción número dous de Noia e o seu partido, en resolución do día da data, dictada no xuízo de faltas número 111/1999, que se segue perante este xulgado sobre furto e ameazas, cítase a denunciada Amparo García Díez, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza neste xulgado o vindeiro día 2 de febreiro, ás 10.45 horas, co obxecto de asistir á realización do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba dos que intente valerse, facéndoselle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952. Poderá ser asistida de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino en Noia, o dous de decembro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado