Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 28 de decembro de 1999 Páx. 15.158

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (34/1998).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 34/1998, se acordou citar a Marcial Granja Raviña, ó xuízo de faltas que terá lugar o vindeiro día 9 de febreiro, ás 11.40 horas, baixo apercibimento de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Marcial Granja Raviña, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o dous de decembro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado