Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 28 de decembro de 1999 Páx. 15.157

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (3253/1996).

A Coruña, once de xullo de mil novecentos noventa e oito.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por José Pérez Pena, presidenta, Luis Barrientos Monge, María Ángeles Pérez Vega, maxistrados, pronunciou en nome de El-Rei, a seguinte sentencia:

«No recurso de apelación civil 3253/1996, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, co número 48/1994, sobre nulidade de actuacións xudiciais en xuízo de menor contía, entre partes, dunha e como demandante apelante, María Calvo, representada polo procurador Castro Bugallo, e doutra e como demandado apelado, Juan Jesús Iglesias Arceo, representado polo procurador Pardo de Vera e como demandado apelado Banco de Galicia, S.A, representado polo procurador Sánchez González e, como demandado en situación procesual de rebeldía, José Calvo Romero, con quen se entenderán esta e as demais dilixencias nos estrados deste tribunal. Foi relator o maxistrado Luis Barrientos Monge.

Decidimos:

Que, con desestimación do recurso de apelación interposto contra a sentencia do 30 de xullo de 1996, dictada polo maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, debemos confirmar e confirmámo-lo pronunciamento contido na súa decisión, con imposición á parte apelante das custas causadas nesta alzada.

E expídase a certificación correspondente ó xulgado de procedencia, con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo ea sinámolo.»

E para que así conste, expido e asino este edicto na Coruña, trece de decembro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado