Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 28 de decembro de 1999 Páx. 15.156

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se lles adxudican destinos ós médicos forenses aprobados nas probas selectivas convocadas por Resolución do 18 de decembro de 1997.

Visto o expediente instruído para a provisión de agrupacións de forensías polos médicos forenses

aprobados nas probas selectivas convocadas por Resolución do 18 de decembro de 1997 (BOE do 20 de xaneiro de 1998), e de conformidade co R.D. 296/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses e R.D. 1619/1997, do 24 de outubro, que modifica o anterior.

Esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear para os destinos que se indican os médicos forenses que se citan no anexo.

Segundo.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será dun mes, contado a partir da publicación desta resolución no BOE.

Terceiro.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo da provincia da Coruña, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co establecido nos artigos 14.2º e 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante este órgano no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, segundo etablecen os artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1999.

José-Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

ANEXO

Nº orde: 1.

Apelidos e nome: Payo Barroso, Juan José.

DNI: 22.001.647.

Destino adxudicado: Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e 2 de Cambados (Pontevedra).

Nº orde: 2.

Apelidos e nome: Serrucha Rech, Fernando.

DNI: 15.930.747.

Destino adxudicado: Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e 2 de Verín (Ourense).

Nº orde: 3.

Apelidos e nome: Valle Pérez, David del.

DNI: 15.966.234.

Destino adxudicado: Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e 2 de Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis (Pontevedra).