Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 28 de decembro de 1999 Páx. 15.156

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 9 de decembro de 1999 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Convocada, pola Orde do 25 de xuño de 1999 (DOG nº 136, do 16 de xullo), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos da Con

sellería de Sanidade e Servicios Sociais, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anunciada pola Orde do 25 de xuño de 1999 (DOG nº 136, do 16 de xullo).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Declarar deserto o posto de traballo de inspector de Servicios Sociais.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xuzgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1999

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Conselleria de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Novo Prego, Mª Jesús.

N.R.P.: 3238268824A1610.

Grupo: B.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: xestión da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: Servicio de Prestacións.

Dependencia: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Localidade: A Coruña.