Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 28 de decembro de 1999 Páx. 15.143

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de novembro de 1999 pola que se lle autoriza o cambio de titularidade ó centro privado Atalaya de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Atalaya de Vigo (Pontevedra), polo que se solicita o cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que mediante escrito notarial, Alfonso Miguel Pardo Vilariño cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a Colegio Atalaya Vigo, S.L.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para imparti-las ensinanzas que no anexo desta orde se relacionan.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Atalaya de Vigo (Pontevedra) a favor de Colegio Atalaya Vigo, S.L. con tódolos dereitos e obrigas contraídas polo cesionista Alfonso Miguel Pardo Vilariño, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: rúa Portela, 87.

Código do centro: 36010897.

Denominación: Atalaya.

Titular: Colegio Atalaya Vigo, S.L.

Composición resultante.

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.