Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 28 de decembro de 1999 Páx. 15.143

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de novembro de 1999 pola que se extingue a autorización, por cesamento de actividades, do centro privado EPA Cristo de la Victoria de Vigo.

Visto o expediente sobre extinción de autorización, por cesamento de actividades, do centro privado EPA Cristo de la Victoria, sito na rúa Baiona, 95 de Vigo, iniciado ó abeiro do artigo 17.1º do Decreto 133/1995, do 10 de maio (Diario Oficial de Galicia do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non

universitarias e do punto oitavo.1 da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) pola que se desenvolve o antedito decreto.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do establecido no artigo 16 do Decreto 133/1995 e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Extingui-la autorización, por cesamento de actividades, do centro privado EPA Cristo de la Victoria de Vigo, do que os demais datos se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia de Pontevedra.

Código do centro: 36016012.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Baiona, 95.

Denominación: Cristo de la Victoria.

Titular: Juan José González Maestro.