Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 28 de decembro de 1999 Páx. 15.136

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 13 de decembro de 1999 pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas recreativas con premio tipo B, ou de azar tipo C.

A Lei 14/1996, do 30 de decembro, de cesión de tributos do Estado ás comunidades autónomas e de medidas fiscais complementarias, no seu artigo 13.6º establece que o alcance das competencias normativas que poden asumi-las comunidades autónomas respecto ós tributos sobre o xogo chega ata a regulación das exencións, bonificacións e o devengo, así como os aspectos de xestión, liquidación, recadación e inspección. Estas competencias foron asumidas pola nosa Comunidade en virtude da Lei 32/1997, do 4 de agosto, de modificación do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude das competencias asumidas pola Lei 32/1997, dictouse a Orde do 26 de decembro de 1997, pola que se estableceu un procedemento de xestión diferente ó establecido pola Orde do 18 de xaneiro de 1991, do Ministerio de Economía e Facenda, simplificándoo, de tal xeito que se reduciu o número de modelos presentados polos suxeitos pasivos e se estableceu a obriga da oficina xestora, no seu ámbito territorial, de acumula-los pagamentos fraccionados correspondentes ás máquinas dunha mesma empresa operadora en tres cartas de pagamento, mediante as que o suxeito pasivo ía ingresa-los pagamentos fraccionados pendentes. Non obstante, mantívose vixente o modelo 045 aprobado pola Orde do 18 de xaneiro de 1991, do Ministerio de Economía e Facenda.

Este modelo adaptouse a este novo procedemento de xestión introducindo ademais nel a posibilidade de ordena-la domiciliación das cartas de pagamento xeradas polas oficinas xestoras para facer efectivo o ingreso dos pagamentos fraccionados correspondentes.

Por todo iso, en uso da facultade conferida pola Lei 32/1997 citada e tendo como obxectivo tanto a aprobación do modelo 045 de uso obrigatorio na Comunidade Autónoma de Galicia e a regulación do procedemento de domiciliación dos pagamentos fraccionados, así como a unificación das disposicións hoxe previstas en dúas normas distintas nunha soa, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Modelo de declaración-liquidación.

1. Apróbase o modelo de declaración-liquidación da taxa fiscal sobre o xogo, sobre máquinas recrea

tivas e de azar, que figura como anexo 1 da presente orde, de uso obrigatorio na Comunidade Autónoma de Galicia para tódolos suxeitos pasivos da taxa fiscal sobre xogos de sorte, envite ou azar devengada por máquinas recreativas e de azar suxeitas ó pagamento do devandito tributo.

2. O modelo constará de tres exemplares: para a Administración, para o interesado e para a entidade financeira colaboradora na recadación.

Artigo 2º.-Prazos de presentación.

1. No caso de máquinas autorizadas en anos anteriores ó do devengo, os suxeitos pasivos deberán presentar nos vinte primeiros días naturais do mes de xaneiro unha declaración por cada máquina, practicando a liquidación pola cota anual legalmente establecida para o exercicio de que se trate e ingresando o primeiro dos pagamentos fraccionados a que se refire o artigo 3.5º.2 do Real decreto-lei 16/1997, do 25 de febreiro, polo que se regulan os aspectos penais, administrativos e fiscais dos xogos de sorte, envite ou azar na súa redacción dada pola Lei 31/1990, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 1991. O prazo anterior entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado.

2. No mesmo prazo, o suxeito pasivo deberá presentar relación de máquinas, indicando o número de autorización destas, das que é titular a 1 de xaneiro e que se atopan nesa mesma data en situación de baixa temporal, ben aprobada administrativamente, ou solicitada e pendente de aprobación. Esta relación presentarase ante a delegación da Consellería de Economía e Facenda correspondente territorialmente en relación coa situación da máquina na data do último devengo da taxa fiscal sobre o xogo.

3. Cando se trate de máquinas de nova autorización, ou que con data do 1 de xaneiro se atopasen en situación de baixa temporal e se pretenda dalas novamente de alta, os suxeitos pasivos presentarán, con anterioridade ó outorgamento da dita autorización ou alta, a declaración-liquidación a que se refire o número 1 deste artigo, practicando liquidación da cota anual e simultáneo ingreso dos pagamentos fraccionados correspondentes ó trimestre actual e ó xa vencido, de se-lo caso, se se pretendera dar de alta antes do 1 de xullo, ou liquidando o 50% da taxa se a alta se realizase despois da data indicada anteriormente, e ingresando simultaneamente o pagamento fraccionado correspondente ó trimestre actual e ó xa vencido, de se-lo caso.

Artigo 3º.-Troco de máquinas.

O suposto de troco de máquinas autorizado non suporá novo devengo da taxa e, polo tanto, non se

practicará liquidación; nembargantes a empresa operadora poderá comunica-la circunstancia á delegación da Consellería de Economía e Facenda onde se presentase declaración-liquidación pola autorización da máquina destruída a que substitúe a nova, para efectos de obtención do correspondente distintivo acreditativo.

Artigo 4º.-Ingreso da taxa.

1. No caso de máquinas autorizadas en anos anteriores ó do devengo, o ingreso da autoliquidación realizarase na caixa da delegación ou en calquera das entidades colaboradoras autorizadas, se este se realizase no prazo establecido no punto 1 do artigo 2º. Calquera ingreso fóra deste prazo deberá realizarse na caixa da delegación que corresponda de acordo coas normas contidas no artigo 6º desta orde.

No resto de supostos, o ingreso da autoliquidación efectuarase na caixa da delegación que corresponda de acordo coas normas contidas no artigo 6º desta orde.

2. Cando se trate dos pagamentos fraccionados trimestrais subseguintes á presentación da declaración-liquidación, estes efectuaranse nos prazos fixados legalmente empregando a carta de pagamento que estará á disposición do suxeito pasivo na correspondente delegación, nos vinte primeiros días naturais dos meses de abril, xullo e outubro, prorrogándose o prazo ata o primeiro día hábil seguinte no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado.

3. Para os efectos establecidos no punto anterior, cada delegación territorial expedirá a carta de pagamento, que será única por suxeito pasivo, e que comprenderá o total da débeda a que corresponda o pagamento fraccionado por tódalas máquinas, a autorización das cales motivou a presentación das declaracións-liquidacións no seu momento. Este ingreso deberá realizarse obrigatoriamente na caixa da delegación correspondente agás que se exercese na declaración-liquidación a opción a que se refire o punto seguinte.

4. Os suxeitos pasivos poderán utilizar como medio de pagamento dos pagamentos fraccionados a que se refire o punto 2 deste artigo, a domiciliación, exercendo a opción no propio modelo, de acordo co disposto no artigo seguinte.

Artigo 5º.-Domiciliación dos pagamentos fraccionados.

1. O suxeito pasivo, para exerce-la opción de domiciliación, deberá cubri-lo punto de domiciliación de pagamentos fraccionados, de acordo coas instruccións que se aproban no anexo desta orde e que figurarán no reverso do modelo de declaración-liquidación.

2. Serán requisitos necesarios para efectua-la domiciliación os seguintes:

a) Que o obrigado ó pagamento sexa titular da conta na que se domicilie este.

b) Que a entidade financeira na que se domicilien os pagamentos preste o servicio de colaboración na xestión recadatoria de tributos cedidos

c) Que a conta sexa única para tódalas máquinas instaladas na data de devengo no ámbito territorial da delegación ante a que se presenten as declaracións-liquidacións.

d) Que a domiciliación abranga os restantes trimestres do exercicio.

1. A domiciliación efectuada para un exercicio non terá efectos para o exercicio seguinte.

2. Unha vez realizado o ingreso resultante da autoliquidación presentada, mediante a cal se domicilia o pagamento dos restantes pagamentos fraccionados, a entidade colaboradora devolveralle ó interesado, debidamente validado, o exemplar correspondente, que servirá como xustificante do ingreso realizado polo devandito trimestre e da orde de débeda en conta dos restantes pagamentos domiciliados.

3. O último día do período voluntario de ingreso, a entidade colaboradora procederá, de se-lo caso, a carga-lo importe domiciliado na conta designada para tales efectos polo contribuínte, ingresándoo inmediatamente na conta restrinxida para a recadación de tributos que corresponda, entendéndose realizado o pagamento na devandita data, sen que caiba a retrocesión posterior do aboamento efectuado.

4. O obrigado tributario poderá, sempre que o desexe, revoga-la domiciliación efectuada, comunicándolle a esta de forma fidedigna á entidade colaboradora e á delegación territorial de Economía e Facenda correspondente, e producirá efectos no primeiro prazo de ingreso que se abra a partir da data de comunicación.

Artigo 6º.-Lugar de presentación.

As declaracións-liquidacións dirixiranse, con independencia do lugar onde se realice o ingreso, á delegación da Consellería de Economía e Facenda que corresponda territorialmente ó:

-Lugar onde se atope instalada a máquina o día 1 de xaneiro cando se autorizasen en anos anteriores e teñan vixente o correspondente boletín de instalación.

No suposto de traslado dunha máquina a un lugar no territorio doutra delegación entenderase que este se produce na data que a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais autorice o devandito traslado.

-Lugar onde se atope a delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais onde se solicite a alta da autorización de explotación para aquelas máquinas en situación de suspensión provisional ou unha nova autorización.

-Lugar onde se atope a delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, depositaria do expediente administrativo correspondente ó día 1 de xaneiro cando se trate de máquinas autorizadas en anos anteriores, que non estean no caso anterior e que nesa data non teñan boletín de instalación vixente.

Artigo 7º.-Liquidación pola diferencia por modificación do prezo máximo autorizado para a partida.

No caso de modificación do prezo máximo autorizado para a partida en máquinas de tipo B producida con posterioridade ó devengo da taxa, os suxeitos pasivos que exploten máquinas con autorizacións de data anterior a aquela na que se autorice a suba, deberán autoliquida-la diferencia da cota que corresponda no modelo a que se refire o artigo 1º da presente orde, durante o primeiro período para o ingreso dos pagamentos fraccionados que se abra a partir do día no que entre en vigor a modificación do prezo máximo autorizado, cubrindo os espacios do modelo destinados para o efecto, de acordo coas instruccións aprobadas no anexo. O incremento de cota que por esta causa corresponda ós trimestres dos que o prazo de ingreso estivese vencido e en curso, de se-lo caso, ingresarase simultaneamente á presentación da autoliquidación. O incremento de cota que por esta causa corresponda ós trimestres dos que o prazo de ingreso non se iniciase ingresarase conforme o disposto no segundo parágrafo do

artigo 4º desta orde. Os suxeitos pasivos tamén poderán exerce-la opción da domiciliación de acordo co establecido nesta orde.

Artigo 8º.-Distintivo que acredita a presentación da autoliquidación.

1. Apróbase o modelo de distintivo acreditativo a que se refire a presente orde e que será o que figura no anexo 2 desta.

2. Nos casos de presentación de declaración-liquidación ou autoliquidación, con excepción dos

supostos do artigo 7º o Servicio de Xestión Tributaria da delegación da Consellería de Economía e Facenda á que se dirixise a declaración-liquidación ou autoliquidación facilitará o distintivo que acredite tal presentación.

3. O prazo no que o suxeito pasivo debe retirar do servicio correspondente o distintivo acreditativo a que se refire o parágrafo anterior será o comprendido entre o vixésimo e o último día do mes de febreiro nos casos de presentación dentro do prazo da taxa correspondente a máquinas cando o devengo desta se producise ó 1 de xaneiro, e o comprendido entre o trixésimo e o cuadraxésimo quinto día hábil contados a partir da data de presentación da autoliquidación nos casos da nova autorización ou reinicio da explotación ou presentacións fóra do prazo.

4. O distintivo acreditativo a que se refire esta orde deberá adherirse á máquina no prazo dos quince días seguintes á súa retirada e permanecer adherido ata a súa substitución por outro novo.

Disposición transitoria

O suxeito pasivo que, utilizando un modelo antigo de declaración-liquidación, queira exerce-la opción establecida no punto 4 do artigo 5º desta orde, deberá solicitalo por escrito ante a delegación correspondente, sendo de aplicación o establecido nos puntos 2, 3, 5 e 6 do artigo 5º desta orde.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 26 de decembro de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado o través de máquinas recreativas con premio tipo B ou de azar tipo C.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O modelo aprobado pola orde do Ministerio de Economía e Facenda do 18 de xaneiro de 1991, de desenvolvemento da Lei 31/1990, e aprobación de modelos da taxa fiscal sobre o xogo sobre máquinas recreativas non será de aplicación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG e terá efectos desde o 1 de xaneiro do ano 2000.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ModeloTaxa fiscal

045INSTRUCCIÓNSSobre o xogo

Máquinas ou

aparellos automáticos

Importante:

Utilizarase un impreso por cada máquina ou aparello automático, que sexa obxecto de declaración por calquera dos motivos sinalados no punto Carácter da declaración.

1. Declarante: empresa operadora.

Se dispón de etiqueta identificativa pegarase no espacio correspondente dos tres exemplares, cubrindo exclusivamente o dato relativo ó Nº Rexistro Operadora. No caso contrario deberanse cubrir tódolos espacios deste punto, xuntando fotocopia da tarxeta de asignación do número de identificación fiscal.

2. Período.

Exercicio: consignarase o ano ó que corresponde a declaración-liquidación con catro díxitos.

Período: só se deberá cubrir no suposto de nova autorización ou procedentes da situación de baixa temporal. Consignarase no cadro esquerdo o trimestre natural que estea en curso no momento da autorización, empregando o cadro dereito para indicar, de se-lo caso, o trimestre anterior se estivese o prazo de liquidación xa vencido, e que terá que ser ademais obxecto de liquidación.

Exemplos:

1. Máquina autorizada con2. Máquina autorizada con m

data do 20 de maio:data do 20 de xullo:

ConsignaraseConsignarase

2 T (trimestre natural en curso)3 T (trimestre natural en curso)

1 T (trimestre con prazo - -(trimestre con prazo

de liquidación vencido)de liquidación vencido)

3. Carácter da declaración.

Marcarase cun X o/os cadro/s correspondente/s a a/s circunstancia/s que motive/n a presentación da declaración-liquidación.

4. Datos das máquinas.

Consignaranse nos cadros 10 a 17 tódolos datos relativos á máquina pola que se presenta a declaración-liquidación; no caso de máquinas de nova autorización non se terá que constata-lo dato referente ó número de autorización.

No espacio reservado ó lugar de instalación da máquina consignarase o que corresponda ó 1 de xaneiro, no caso de máquinas autorizadas en anos anteriores, ou o que corresponda á primeira instalación no caso de máquinas de nova autorización ou procedentes da situación de baixa temporal.

No espacio reservado ó titular consignaranse os datos identificativos do propietario da máquina a 1 de xaneiro, no caso de máquinas autorizadas en anos anteriores ou ós do solicitante da nova autorización ou da alta da autorización no caso de máqui-

nas de nova autorización ou procedentes da situación de baixa temporal respectivamente.

5. Liquidación.

Cota tributaria devengada no exercicio: consignarase o importe da cota anual legalmente establecida para o exercicio de que se trate en función do tipo de máquina e, de se-lo caso, número de xogadores e prezo da partida. No caso de máquinas de nova autorización ou máquinas procedentes da situación de baixa temporal, posterior ó 1 de xullo, o importe que se consignará será o 50 por 100 da correspondente contía anual.

Pagamento/s trimestral/is que hai que ingresar:

A) Máquinas autorizadas en anos anteriores. Consignarase o 25 por 100 da cota tributaria anual que corresponda.

B) Máquinas de nova autorización ou procedentes da situación de baixa temporal. Se existen trimestres os prazos de liquidación dos cales estivesen vencidos no momento da autorización, o seu importe acumularase ó do trimestre en curso consignando, polo tanto, neste espacio a suma de ámbolos dous importes.

Diferencia por modificación do prezo máximo autorizado para a partida: no caso de que con posterioridade ó pagamento da taxa se modifique o prezo máximo inicialmente autorizado para a partida en máquinas de tipo B, consignarase neste cadro o incremento da cota que corresponda.

No cadro 26 consignarase o incremento da cota tributaria que corresponda ós trimestres vencidos pola diferencia por modificación do prezo máximo autorizado para a partida.

Total que hai que ingresar: consigne o importe do cadro 24 ou, de se-lo caso, o importe do cadro 26.

6. Ingreso.

Márquese cun X o cadro correspondente ó lugar e forma de pagamento. As opcións de que dispón son:

-Caixa da delegación da Consellería de Economía e Facenda correspondente.

-En calquera entidade colaboradora autorizada se o ingreso se efectúa entre o 1 e o 20 de xaneiro (ou inmediato hábil posterior), ben en efectivo ou mediante cargo en conta. Se solicita aprazamento ou fraccionamento da débeda tributaria, deberá cubrir cun X o cadro correspondente.

Sempre deberá indica-lo importe do ingreso.

7. Domiciliación de pagamentos fraccionados.

Se desexa domicilia-los seus pagamentos fraccionados subseguintes, deberá marcar cun X o cadro sombreado, consignando o número de pagamentos pendentes de ingreso no ano en curso; así mesmo, no cadro 28, consignará o importe correspondente a cada un dos pagamentos fraccionados pendentes do ingreso. Os datos correspondentes á conta da domiciliación non deberán ser cubertos no caso de

que o ingreso inicial se realice mediante cargo en conta e esta coincida coa conta na que se domicilian os pagamentos fraccionados pendentes do ingreso.

Será requisito necesario para efectua-la domiciliación que o obrigado ó pagamento sexa titular da conta en que se domicilie este e que a devandita conta se atope aberta nunha entidade de depósito que preste servicio de colaboración na xestión recadatoria.

Lugar de presentación: a declaración-liquidación dirixirase, con independencia do lugar onde se realice o ingreso, á delegación da Consellería de Economía e Facenda que corresponda territorialmente ó:

-Lugar onde se atope instalada a máquina o 1 de xaneiro cando foron autorizadas en anos anteriores e teñan vixente o correspondente boletín de instalación.

No suposto de traslado dunha máquina a un lugar no territorio doutra delegación, entenderase que este se produce na data que a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais autorice o devandito traslado.

-Lugar onde se atope a delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais onde se solicite o servicio da explotación para aquelas máquinas en situación de suspensión provisional ou unha nova autorización.

-Lugar onde se atope a delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, depositaria do expediente administrativo correspondente, ó día 1 de xaneiro cando se trate de máquinas autorizadas en anos anteriores, que non estean no caso anterior e que nesa data non teñan boletín de instalación vixente.

Prazos de presentación:

A) Máquinas autorizadas en anos anteriores:

-Declaración-liquidación: nos vinte primeiros días do mes de xaneiro.

B) Máquinas de nova autorización ou procedentes de situación de baixa temporal:

Presentarase a declaración-liquidación con anterioridade ó outorgamento de explotación ou da alta respectivamente.

No distintivo acreditativo figurará:

a) O ano que corresponda ó período impositivo.

b) O número de autorización de explotación.

c) O número de autorización ou código da empresa operadora.

d) O NIF da empresa operadora.

e) O tipo de máquina a que corresponde: tipo B ou tipo C.