Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 27 de decembro de 1999 Páx. 15.115

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1999 pola que se determina a documentación esixida para as modificacións de grupo, categoría, capacidade e de calquera outro dos requisitos conforme os cales se lles outorgou a autorización de apertura e clasificación ós establecementos hoteleiros.

O Decreto 267/1999, do 30 de setembro, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros, establece no seu artigo 11 que, para realizar calquera ampliación, modificación ou reforma substancial entendida entre en canto afecte a estructura, características, servicios ou sistema de explotación dos establecementos que puidera afecta-la súa clasificación, capacidade ou o resto dos requisitos conforme os cales se lles outorgou a autorización de apertura e clasificación, será precisa a autorización previa do centro directivo correspondente da consellería competente en materia de turismo.

Así mesmo, nese artigo disponse que para estes efectos, os interesados presentarán, da documentación que se relaciona no artigo 10, unicamente aquela que o citado centro directivo considere necesaria respecto a cada tipo de modificación, ampliación e reforma, e que se determinará mediante resolución.

Coa finalidade de lle dar cumprimento ó establecido nese artigo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Determina-la documentación, segundo consta no anexo I desta resolución, que os interesados deberán achegar xunto coa súa solicitude de modificación de grupo, categoría, capacidade e de calquera outro dos requisitos conforme os cales se lles outorgou a autorización de apertura e clasificación dos seus establecementos hoteleiros. O modelo de solicitude consta no anexo II desta resolución.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da noti

ficación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1999.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo

ANEXO I

Modificacións de grupo, categoría, capacidade e de calquera outro dos requisitos conforme os cales se lles outorgou a autorización de apertura e clasificación

-Solicitude de cambio de grupo, categoría, capacidade ou de calquera outro dos requisitos conforme os cales se lles outorgou a autorización de apertura e clasificación, segundo se trate, conforme o modelo oficial que consta no anexo II.

-Fotocopia compulsada da licencia municipal de apertura ou, no seu defecto, da súa solicitude (só cando esta fora preceptiva). No caso de presenta-la solicitude, achegaránselle os seguintes certificados:

-Certificado do órgano competente da Xunta de Galicia, acreditativo do cumprimento das condicións hixiénico-sanitarias do establecemento esixidas pola normativa vixente.

-Certificado do órgano competente da Xunta de Galicia acreditativo do cumprimento dos requisitos de prevención e protección contra incendios esixidos pola normativa vixente.

-Póliza de responsabilidade civil que cubra as contías a que fai referencia o artigo 10 do Decreto 267/1999, do 30 de setembro, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros.

Para o caso de non se modifica-la capacidade do establecemento, bastará a presentación dun documento anexo á póliza existente na que se faga consta-la nova clasificación.

-Planos a que fai referencia o citado artigo 10 (unicamente os acreditativos das modificacións efectuadas).

-Relación dos cuartos con indicación do número que os identifica, superficie, capacidade e prazas e servicios de que están dotados.

-Normas de réxime interior que rexerán no establecemento formuladas e asinadas polo seu titular ou, no seu defecto, unha declaración deste acreditativa de que no seu establecemento non existen tales normas de réxime interior (só cando as modificacións afecten a clasificación do establecemento).

-Cambios de denominación:

-Solicitude de cambio de denominación segundo o modelo oficial que consta no anexo II.

-Documento anexo á póliza de responsabilidade civil xa existente na que se faga consta-la nova denominación.