Con motivo da viaxe do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais á República de Venezuela é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.
Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo único.-Durante a ausencia do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, con motivo da súa viaxe á Republica de Venezuela, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, desde o día 27 de decembro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.
Santiago de Compostela, vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e nove.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente