Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello nas súas sesións do 15-10 e 12-11-1999 acordou aproba-lo prego de condicións xurídicas, técnicas e económicas que rexerán no concurso por procedemento aberto, para a construcción e explotación dun aparcadoiro subterráneo no núcleo urbano de Ponteareas, o cal se expón ó público polo prazo de 8 días, para os efectos de reclamacións, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia .

Simultaneamente, anúnciase concurso, se ben a licitación quedará aprazada no suposto de que se presentasen reclamacións contra o prego.

1. Obxecto do contrato.

Obra: construcción e explotación dun aparcadoiro subterráneo en Ponteareas.

Prezo de licitación: a xuízo do ofertante.

2. Prazo de execución e duración da concesión.

O prazo de execución das obras fíxase en once meses e comezará a contar desde a data na que se asine a acta de replanteo.

A obra realizarase de conformidade co prego de condicións aprobado polo Pleno do Concello o 15-10 e 12-11-1999, estando á disposición dos interesados na secretaría da casa do concello.

O prazo máximo da duración da concesión será de 75 anos, de conformidade co acordado no Pleno do 12-11-1999.

3. Garantías.

Provisional: 7.000.000 (sete millóns) de pesetas.

Definitiva: 4% do orzamento das obras.

4. Presentación de proposicións e documentación complementaria.

Durante os 26 días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación do último publicado (Diario Oficial de Galicia ou BOE), en horas de oficina.

5. Modelo de proposición.

O contido no prego de cláusulas. Documentación complementaria, a sinalada no prego. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data e hora na que se fixo o envío e comunicalo ó concello mediante fax ou telegrama, dentro da data e hora fixados como prazo de presentación.

6. Apertura de plicas.

Ás 10 horas do primeiro mércores seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións, no salón de sesións da Casa do Concello de Ponteareas.

Ponteareas, 13 de novembro de 1999.

José Castro Álvarez

Alcalde