Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-364).

Por resolución desta Alcaldía nº 6933/99, do 14 de decembro de 1999, acordouse aprobar inicialmente os estatutos e bases para o polígono I do S.U.N.P. B-25-R, na Cova-Oleiros.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas, tódolos días laborables, polo prazo de vinte días, a través de anuncio no DOG, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 17 de decembro de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta