Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión do 29 de outubro de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio

de detalle parcela D-10 SAU-3, promovido por Manuel Conde Silva, en representación de Maconfre, S.L. e subscrito polos arquitectos José A. Comesaña García, Juan A. Visier Gil e Luis M. Zozaya Servera. O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O referido acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el se pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde a publicación ou notificación, de se-lo caso. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se estime procedente.

Nigrán, 8 de novembro de 1999.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde