Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión do 29 de outubro de 1999, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual e aclaracións do Plan parcial para a ordenación do solo apto para urbanizar nº 7 (sector único) das normas subsidiarias de planeamento municipal, engadíndose como anexo a documentación técnica elaborada a partir do informe do 10 de maio de 1999, do Servicio Provincial de Estradas.

O referido acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el se pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde a publicación ou notificación, de se-lo caso. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere procedente.

Nigrán, 8 de novembro de 1999.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde