Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión realizada con data do 13 de decembro de 1999, o estudio de detalle redactado pola arquitecta Luisa García Gil e promovido pola entidade Construcciones Tubío, S.L. para a ordenación de volumes e aliñacións da parcela nº 403 do parcelario do catastro do núcleo urbano de Boiro, de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes contado a partir da data de publicación deste anuncio para os efectos de que presenten as alegacións e reclamacións que se consideren oportunos.

Boiro, 15 de decembro de 1999.

Jesús Alonso

Alcalde