Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva de delimitación de polígono/unidade reparcelable e estudio de detalle no núcleo 01.02 O Carregal C (Alcabre). (Expediente 32537/421).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 25 de outubro de 1999, acordou aprobar definitivamente a delimitación de polígono na unidade reparcelable do núcleo 01.02 O Carregal C (Alcabre), cunha superficie de 6.889 m coincidente coa propiedade de Manuel D. Vázquez Fernández, inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Vigo, tomo 75, predio nº 6350, determinando como sistema de actuación o de compensación, e o estudio de detalle do referido polígono, conforme a documentación ela

borada polo arquitecto Enrique Rodríguez Alfaro, con data de visado polo COAG do 26 de febreiro de 1999.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello de Vigo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio.

En todo caso, o recurso de reposición soamente ten cabida no que se refire á delimitación do polígono; non obstante, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que coide oportuno interpoñer e sexa procedente.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 18 de novembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo