Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Vilaboa.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adxudicación da prestación do servicio de axuda no fogar.

b) Lugar de execución: Vilaboa.

c) Prazo de execución: un ano prorrogable.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías:

Provisional: 92.893 ptas.

Definitiva: 4% do prezo.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Vilaboa.

b) Domicilio: Toural, 1.

c) Localidade e código postal: Vilaboa, 36141.

d) Teléfono: 986 70 82 15.

e) Telefax: 986 70 83 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.

6. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia (última publicación).

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 8.2 do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral.

7. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (salvo que coincida en sábado, xa que neste caso se trasladará ó día seguinte hábil, ás 12 horas).

8. Outras informacións:

a) Criterios de adxudicación do concurso:

Mellora na oferta económica, ata un máximo de 0,27 puntos.

Subscrición dun seguro de responsabilidade civil pola prestación do servicio, ata un máximo de 0,24 puntos.

Relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos 3 anos (con expresión do importe, datas e beneficiarios deles), ata un máximo de 0,23 puntos.

b) Exposición pública do prego de cláusulas: por oito días seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia (última publicación).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Vilaboa, 19 de novembro de 1999.

O alcalde

Rubricado