Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ZAS

ANUNCIO.

Transcorrido o período de exposición pública mediante anuncio insertado no BOP nº 223, do 7 de setembro de 1999 e no Diario Oficial de Galicia nº 180, do 26 de setembro de 1999 e vistas as alegacións presentadas, foi aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión do día 30 de novembro de 1999, o prego de condicións económico-administrativas que rexerán a contratación, mediante concesión, da xestión integral do servicio de abastecemento da auga potable no termo municipal de Zas, someténdoo novamente a exposición pública durante o prazo de 8 días (artigo 122 texto refundido réxime local).

Ó mesmo tempo e de conformidade co citado acordo plenario convócase licitación, polo procedemento aberto mediante concurso e tramitación urxente, prazo que se interromperá no suposto de que se formulasen reclamacións.

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a xestión integral, mediante concesión, do servicio de abastecemento de auga potable nas parroquias de Baio e O Allo, do termo municipal de Zas.

2. Duración da concesión: 15 anos, prorrogables.

3. Presentación de proposicións: na secretaría do concello, de 9 a 14 horas, en días laborables, durante os trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

4. Modelo de proposición: o recollido no prego de condicións económico-administrativas.

Zas, 1 de decembro de 1999.

Ernesto Rieiro Oreiro

Alcalde