Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (expediente Sec. 99000222).

Neste concello tramítase o proxecto de compensación do polígono A.21, por instancia de Emilio Prieto Pérez, e presentado con data do 8-10-1999.

En cumprimento do que dispón o artigo 133.8º da Lei do solo de Galicia en relación co artigo 102, faise público para os efectos de que os interesados poidan consulta-lo expediente na secretaría do Concello durante o prazo de vinte días hábiles, que se contarán desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a presente publicación substituirá a notificación dos interesados que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación, ou ben logo de intenta-la notificación, non se puidese practicar.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde