Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (expediente Sec. 99000213).

Neste concello tramítase a delimitación dun polígono na área de reparto nº 22 do PXOM de Verín, por instancia de Manuel Silva Carnero e Manuel Diz Diéguez.

En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei do solo de Galicia, faise público para os efectos de que os interesados poidan consulta-lo expediente na secretaría do concello durante o prazo de vinte días hábiles, que se contarán desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a presente publicación substituirá a notificación dos interesados que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación, ou ben logo de intenta-la notificación, non se puidese practicar.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde