Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 15.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Acordo do 2 de novembro de 1999 polo que se anuncia concurso, polo trámite de urxencia, para a venda de lastro procedente da Caeira.

Tipo de licitación: 5.000 ptas. tonelada, IVE incluído.

Fianzas: por importe de 50.000 ptas.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, de 9 a 13.30 hroas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de plicas: na casa do concello, ás 13.30 horas do día seguinte hábil ó de remate do prazo de presentación (agás sábados).

Información: no Servicio de Contratación na secretaría do concello, teléfono: 986 77 00 38, e fax: 986 77 12 77.

Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 6ª do prego.

Gastos: por conta do adxudicatario.

Poio, 17 de novembro de 1999.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde