Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 15.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 26-11-1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do SAU-4 de Cacheiras, redactado polo arquitecto Francisco Otero Méndez e presentado por Mahía Santiago, S.L.

En cumprimento do establecido polo artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG.

Teo, 30 de novembro de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde