Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 15.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORDES

ANUNCIO da aprobación definitiva do texto refundido do Plan Especial de Reforma Interior (UE 13).

O Pleno da Corporación en sesión ordinaria do día 26 de outubro de 1999 adoptou o acordo que literalmente di:

«2º III. Planificación e programación. 1. Urbanismo: aprobación definitiva do texto refundido do Plan Especial de Reforma Interior (UE 13). Dáse conta do informe sobre o proxecto do Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Execución 13 que emitiu a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do día 2 de agosto de 1999.

Visto o texto refundido no que se recolle a documentación adecuada ó informe que precede e oído o informe do secretario, a Corporación por unanimidade dos dezaseis concelleiros que a compoñen, acorda:

1. Aprobar definitivamente o texto refundido do Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Execución 13.

2. Que se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia conforme o previsto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

3. Que se publiquen as normas e ordenanzas no BOP para os efectos da súa entrada en vigor conforme ordena o citado artigo 48».

Esto faise público para coñecemento xeral e comunícase que a documentación do dito texto refundido se encontra a disposición das persoas interesadas na casa do concello de Ordes.

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da data de publicación deste anuncio.

Ordes, 19 de novembro de 1999.

O alcalde

Rubricado