Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 15.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1999 pola que se anuncia a contratación da obra do miradoiro e área de ocio no monte de Santa Marta.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP e co acordo da Comisión de Goberno do 12 de novembro de 1999, anúnciase poxa por procedemento aberto para adxudica-las obras do miradoiro e área de ocio no monte Santa Marta, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a obra do miradoiro e área de ocio no monte de Santa Marta.

2. Duración do contrato: catro meses.

3. Tipo de licitación: 25.000.000 de pesetas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo da seguinte maneira:

Fondos estructurais da UE: 17.425.000.

Fondos da Administración autonómica: 3.475.000.

Fondos da Administración local: 4.100.000.

5. Prego que rexerá a licitación: o publicado no BOP nº 224, do 28 de setembro de 1995.

6. Garantía provisional: será o 2% do orzamento.

7. Garantía definitiva: será o 4% do orzamento.

8. Presentación de proposicións: durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP.

9. Apertura de proposicións: terá lugar ás doce horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións, excepto que o sinalado fose sábado, neste caso diferirase ó primeiro día hábil seguinte.

10. Modelo de proposición:

Don/a....., maior de idade, veciño/a de....., con domicilio en....., en nome propio (ou en representación de..... veciño/a de....., con domicilio en....., conforme acredito con poder validado) sabedor da poxa tramitada para adxudicar mediante procedemento aberto as obras do miradoiro e área de ocio no monte de Santa Marta, comprométese a executalas na forma determinada no prego de cláusulas administrativas particulares, no prezo de..... (letra e número).

Laracha, 12 de novembro de 1999.

O alcalde

Rubricado