Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 15.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 16 de novembro de 1999, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da 2ª fase do centro de transportes,

polígono Lalín 2.000, redactado por Cimex, Proxectos Loxísticos, S.A., cun orzamento de execución por contrata de 240.681.089, en virtude de delegación de competencias da Alcaldía na Comisión de Goberno.

Segundo.-De acordo co artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, procederase á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, realizando os demais trámites previstos na normativa vixente.

Recursos: contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio. Así mesmo, poderase interpoñer con carácter previo e potestativo e no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa recepción, recurso de reposición ante a Comisión de Goberno; neste caso, o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel no que se lle notifique a resolución expresa ou se produza a desestimación presunta (prodúcese polo transcurso dun mes desde que presente a reposición) do recurso de reposición, se é o caso, interposto; ata entón non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Poderá empregar calquera outro medio ou recurso que considere conveniente.

Lalín, 9 de novembro de 1999.

O alcalde-presidente

Rubricado