Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 15.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión do 11 de agosto do ano que andamos, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para readapta-la aliñación de edificios situados na marxe esquerda da estrada Cambre-Carral, elaborado polo arquitecto Emilio Cortés Varela e promovido por Antonio Vila Cid.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Esta resolución, de conformidade co establecido no artigo 109 da Lei 30/1992, pon fin á vía administrativa. A teor do establecido nos artigos 107 e 116 da citada lei poderá recorrerse potestativamente en reposición ou impugnada directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

O prazo para interpoñe-lo recurso de reposición é dun mes contado desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio e deberá presentalo ante o mesmo órgano que o dictou, segundo o establecido no artigo 117 da Lei 30/1992.

O prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio, e deberá presentalo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, todo isto sen prexuízo de que poida exercitar, de se-lo caso, calquera outro recurso que estime procedente.

Cambre, 9 de novembro de 1999.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde